RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, este domingo con derrota do Orzán SD Xuvenil en Sanxenxo

Nova xornada en ANOSACANTEIRA feminina nunha fin de semana de descanso para o Dépor ABANCA B e o Orzán SD Sub-21 en Segunda e Tercera Federación respectivamente.

Así pois, este domingo 26 disputouse un único partido.

En Primera Autonómica o Orzán SD Xuvenil perdeu (6-1) na súa visita ao Atlético Villalonga FF B.

As orzanistas quedan con 6 puntos en metade da táboa.

Este sábado 25 de outubro a quenda foi para as cadetes e infantís.

O Orzán SD Cadete venceu por 9-0 ao CF Batallador SD e, con 10 puntos, manda no grupo 1º da Liga Galega.

E en categoría infantil, os conxuntos orzanistas, segundos dos seus grupos, medíanse aos respectivos líderes.

O A superou 1-6 ao Victoria CF e recupera o liderado do grupo 1º mentres que o B caía por 0-2 co SCD Pastoriza e cae á 4ª posición do grupo 2º.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Primera Autonómica
6ª xornada: ATLÉTICO VILLALONGA FF B 6 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Daniela Barbanzán)

Liga Galega cadete
4ª xornada: ORZÁN SD CADETE 9 (Nerea Cruz -4-, Carla Miranda, Daniela Barbanzán, Antía Losada, Carolina Lago e Marta Moreno) - CF BATALLADOR SD 0

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 4ª xornada: VICTORIA CF 1 - ORZÁN SD INFANTIL A 6 (Lorena Anastase, Candela Vázquez, Lara Vázquez, María López-Perales e Alba García -2-)

Grupo 2º, 4ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 0 - SCD PASTORIZA 2