RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA; con triunfos hoxe domingo do Fabril, Xuvenil A e Xuvenil B

O brillante triunfo (3-0) ante o Pontevedra CF, líder da Segunda Federación, este mediodía en ABANCA-RIAZOR foi a gran noticia do fín de semana en ANOSACANTEIRA.

Ambos os equipos chegaban dunha fin de semana sen fútbol posto que os seus partidos da pasada xornada foron suspendidos polo temporal.

Kevin Sánchez, Fabi e Quique Teijo foron os autores dos goles nun gran partido do filial, que o deixa nos postos altos con 30 puntos.

Completou a xornada dominical a vitoria (1-2) do Xuvenil A ante a SD Compostela en Santa Isabel.

Os branquiazuis veñen de caer inxustamente nos oitavos de final da Copa del Rey (1-0) en Lezama ante o Athletic Club.

Pechou o calendario o triunfo do Xuvenil B en Abegondo (4-0) ante o CVC Valladares de Vigo correspondente á Liga Nacional e o empate do San Tirso SD Cadete en Coles ante o UD Ourense (2-2).

Antes, onte sábado 1 de febreiro, ademais dos alevíns e benxamíns, o Cadete venceu en Abegondo ao UD Santa Mariña (3-1) e o San Tirso SD Infantil caeu no Monte fronte ao CD Lugo (1-3).

Fóra de casa o Infantil, á fronte da División de Honra con 1 punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, superou ao Arosa SC (1-6).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
21ª xornada: FABRIL 3 (Kevin Sánchez, Fabi e Quique Teijo) - PONTEVEDRA CF 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: SD COMPOSTELA 1 - XUVENIL A 2 (Dipanda e Íker)

Liga Nacional, 19ª xornada: XUVENIL B 4 (Trillo -2- e Mauro -2-) - CVC VALLADARES 0

Categoría cadete
División de Honra, 19ª xornada: CADETE 3 (Elías, Gael e Roi) - UD SANTA MARIÑA 1
División de Honra, 19ª xornada: UD OURENSE 2 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Raúl Lema e Anxo)

Categoría infantil
División de Honra, 17ª xornada: AROSA SC 1 - INFANTIL 6 (Iago Álvarez, Jaime, Thiago Montes -2-, Leo Sánchez e un futbolista rival en propia meta)
División de Honra, 17ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Yoel Darriba) - CD LUGO 3

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 13ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - ALEVÍN A 3 (Hugo Álvarez -2- e Lucas Albor)
Primeira A Coruña de fútbol 8, 13ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 3 (Enzo Fernández, Adrián Liñares e Andrés Santiago) - CD CALASANZ 0

Categoría benxamín
Primeira A Coruña de fútbol 8, 13ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - BENXAMÍN A 7 (Martín Coronel -2-, Nico Castro -3-, David Santiago e Leo Galbán)
Primera A Coruña de fútbol 8, 13ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Tomás Sánchez -4-, Ian Lata -2-, Hugo Rey e Anxo Español) - OZA JUVENIL SD 0