RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, este domingo con cara para o Orzán SD Xuvenil e cruz para o Dépor ABANCA B

Este domingo 5 de outubro xogáronse dous encontros en ANOSACANTEIRA feminina.

Na Torre, o Orzán SD Xuvenil superou por 4-1 ao SCD Pastoriza na 3ª xornada da Primera Autonómica. As orzanistas, con 6 puntos, marchan na 7ª posición.

O prato forte foi no campo Arsenio Iglesias do Dépor Training Center. O Dépor ABANCA B caeu por 1-2 coa Real Sociedad B na 5ª xornada en Segunda Federación.

As branquiazuis, con 10 puntos, ocupan agora a 5ª posición.

Este sábado 4 de setembro arrincaron con vitoria a competición na Liga Galega o Orzán SD Cadete, o Orzán SD Infantil e o Orzán SD Infantil B fronte ao Rápido de Neda, CD As Pontes e UC Cee respectivamente.

Ademais, o Orzán SD Sub-21 gañou na Tercera Federación ao Sárdoma CF por 3-0 e sitúase con 4 puntos na zona media da táboa.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Redru) - REAL SOCIEDAD B 2

Terceira Federación
3ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 3 (Adelaida González, Claudia Sande e Daniela Macedo) - SÁRDOMA CF 0

Primera Autonómica
3ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 4 (Mishelle Calviño -2-, Carmen Traba e Marta Moreno) - SCD PASTORIZA 1

Liga Galega cadete
1ª xornada: SD RÁPIDO DE NEDA 0 - ORZÁN SD CADETE 10 (Sofía Asensio, Alba García -3-, Daniela Barbanzán -2-, Carolina Lago, Antía Losada, Aldara Ferreira e Nerea Cruz)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL 9 (Zoe Mahía -2-, María López-Perales -2-, María Anastase -2-, Vera Melki, Candela Vázquez e Inés Neira) - CD AS PONTES 0

Grupo 2º, 1ª xornada: UC CEE 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Carmen Méndez -2-)