RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario do domingo, co Dépor ABANCA B xa con Lucía Rivas en Santander

O partido do Dépor ABANCA B ante o Real Racing Club correspondente á 7ª xornada en Segunda Federación e previsto para o domingo 19 ás 12:00 en Astillero (Cantabria) é o partido máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

As racinguistas marchan no grupo de cabeza con 4 puntos de vantaxe sobre As Nosas.

A gran novidade é a presenza na convocatoria da internacional Lucía Rivas, superada a súa lesión de xeonllo.

A internacional, que se lesionou na pretemporada de 2024 nun amigable do Dépor ABANCA en Salamanca ante o Valencia CF Féminas, foi cariñosamente homenaxeada polas Nosas pola súa volta á competición. Recibiu ao termo dun entrenmamiento no campo 6 do Dépor Training Center un cariñoso corredor de labazadas e até foi manteada.

Si causa baixa segura Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 de cara ao Mundial da categoría que arrinca este domingo ante Colombia.

Completan a xornada do domingo os partidos na Torre do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria FC (12:30) e do Orzán SD Xuvenil fronte á SD Antas (16:00).

Na xornada do sábado a quenda foi para as cadetes (1-1 en Cambre) e para as infantís: na Torre (7-0) o A e en Rois (0-7) o B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
7ª xornada: REAL RACING CLUB - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 12 de outubro ás 12:00 no campo de La Planchada (Astillero, Cantabria)

Tercera Federación
5ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - VICTORIA FC, o domingo 19 de outubro ás 12:30 na Torre (campo 2)

Primera Autonómica
5ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SD ANTAS, o domingo 19 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)

Liga Galega cadete
3ª xornada: SPORTING CAMBRE 1 - ORZÁN SD CADETE 1 (Valentina Fernández)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 7 (Vera Melki -3-, María López-Perales -2-, Lara Vázquez e Daniela Mingo) - SILVA SD 0

Grupo 2º, 3ª xornada: CD ROIS 0 - ORZÁN SD INFANTIL B 7 (Sasha Abigail -2-, Claudia García -2-, Daniela Loureiro, Antía Trigo e Silva Sanmartín)