RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario de mañá domingo, co Dépor ABANCA B ante o CD Villa de Simancas

ANOSACANTEIRA feminina volve á competición neste ano 2025.

Destaca o choque do Deportivo ABANCA B, líder da Tercera Federación, mañá domingo 12 de xaneiro ás 16:00 en Abegondo ante o CD Villa de Simancas, ou o que é o mesmo o Real Valladolid.

Está citada Michi Apóstol, que xogou os últimos minutos esta mañá co primeiro equipo en Tenerife e acaba de renovar o seu contrato co Club até 2027, con opción a unha temporada máis.

Antes, hoxe sábado 11 xogaron o Orzán SD Cadete en Cambre (0-6), o Orzán SD Infantil A (na foto principal da noticia) en Lugo ante a SCD Milagrosa (0-4) e o Orzán SD Infantil B en San Pedro de Visma fronte ao Racing de Ferrol (1-5).

Completan a xornada dominical o partido do Orzán SD Sub-21 ante o EFM Concello de Boiro (16:00 na Torre) e o do Orzán SD Xuvenil fronte ao UC Cee (16:00 en San Pedro de Visma).

ANOSACANTEIRA celebra ademais a citación de Antía Veiga para un amigable con España sub-17 ante Alemaña. A canteirá saltou ao céspede no minuto 75 nun partido que acabou en goleada española por 4-0.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
16ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD VILLA DE SIMANCAS, mañá domingo 12 de xaneiro ás 16:00 en Abegondo

Primera Autonómica
15ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - EFM CONCELLO DE BOIRO, mañá domingo 12 de xaneiro ás 16:00 na Torre (campo 2)

Segunda Autonómica
15ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - UC CEE, mañá domingo 12 de xaneiro ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 2)

Liga Galega cadete
11ª xornada: SPORTING CAMBRE 0 - ORZÁN SD CADETE 6 (Carmen Couto, Ángela Cotelo -3- e Carla Álvarez -2-)

Liga Galega infantil
11ª xornada: SCD MILAGROSA 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 4 (Alba García -2-, Telma García e Valentina Fernández)
11ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Sasha Abigail) - RACING DE FERROL 5