RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br> A selección, o Teresa Herrera e o Fabril

A vitoria da Selección Española por 2-1 ante Eslovenia é a noticia de maior relevancia nos diarios, que seguen facendo cábalas sobre posibles fichaxes. O ascenso do Deportivo B a Segunda B e a organización do próximo Teresa Herrera tamén son noticia.

La Voz de Galicia

"Alerta vermella para o Teresa Herrera" titula A Voz, que advirte que a organización do Trofeo periga ante a demora da firma do convenio entre Concello e Deportivo. Di, ademais, a Voz, que a selección olímpica de Brasil tivo que ser descartada.

O diario tamén recolle os detalles do partido do Fabril, que conseguiu un punto ante o Mariño que o levan a Segunda B, e a festa do ascenso dos deportivistas, que se tiñeron o pelo de branquiazul.

Deporte Campión

"Savia nova para revalidar o título. Os reforzos para a próxima tempada, destinados a rexuvenecer o cadro de persoal", di o diario, que asegura que a defensa é un exemplo do proceso de renovación. O diario di que a portaría é bastante veterana e di que Changui, Munitis e Pandiani estarían adiante. Segundo o Campión, o centro do campo sería o máis afectado. O rotativo tamén di que o Depor non perderá a cabeza por Munitis e recoñece que o club coruñés é o mellor colocado para fichar ao dianteiro. Di o diario que esta semana será frenética con operacións e traspasos e que Nuno soa en case todas as negociacións, porque é pretendido por moitos equipos.

"Sega podería patrocinar o Teresa Herrera" di o rotativo deportivo, que asegura que sería no caso de que o club deportivista organizase o Torneo estival e di o diario que este é un dos puntos do convenio a tratar e que a selección brasileira está descartada para participar.

Di o Campión que Bassir está a un paso da cesión e que o destino podería ser o Espanyol. A repercusión do Deportivo en Marrocos, onde Naybet e Bassir provocan paixóns e a homenaxe a Manjarín da Pena Folla Seca son as outras novidades.

Marca

O diario deportivo di que o Deportivo rebaixa os seus abonos ata nun 25% con respecto á tempada pasada. O diario tamén di que o Lyon abre a veda con Ramis, e que o club francés sería o primeiro posible cliente para un Deportivo superpoblado. Tamén recolle Marca a satisfacción de Duscher polo interese do Deportivo nel.

Galicia en Xogo

O diario deportivo galego na rede di que o Deportivo rebaixa os seus abonos para a próxima campaña.

O Correo Galego

Recolle este diario o ascenso do Fabril e eloxia o esforzo dun persoal "novo e loitador".

O Ideal Galego

Di o rotativo que a fichaxe de Duscher polo Deportivo depende de que Pauleta acepte ou non xogar no seu país. Di ademais o diario que o Fabril obtén o ascenso a Segunda B como premio ao seu traballo.

Futvol.com

O portal de balompie na rede di que o Deportivo quere que Pauleta sexa moeda de cambio por Duscher, que os abonos serán máis baratos a próxima campaña, que Lendoiro quere traspasar a Flavio e que Toni está preto de Riazor.

_________

Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com

__________

NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.