La Voz de Galicia
"Deportivo e Racing poderían dar por bo un empate. Un punto non sería malo, pero quero gañar, di Lendoiro" é o titular da Voz, que fai un recompilatorio de todos os encontros oficiais nos que os marcadores estaban cantados...
O desprazamento de afeccionados a Santader "Das Gaunas ao Sardinero. O desprazamento masivo a Santander lembra a mobilización que provocou o Logroñés- Deportivo de 1994" e o diario recolle todas as viaxes organizadas por distintas penas dos que a maioría das prazas xa están cubertas. Santander será branquiazul.
"O estado mental do Depor pode decantar o título. Varios psicólogos recoñecen que a presión é un rival máis" onde os expertos analizan o estado anímico do equipo e consideran positiva a concentración en Santander.
A Voz tamén fai unha curiosa comparación: "Makaay golea tanto como o oito holandeses do Barça. Leva 21 tantos, por 24 dos de Van Gaal" onde o diario recolle que Makaay é o holandés máis rendible, xa que sería pichichi sen contar os penaltis e que iguala a Rivaldo e está a oito tantos de Bebeto. No rotativo tamén se lembra que hai 20 anos que a liga non estaba tan igualda xa que cinco equipos loitan polo título, do mesmo xeito que no 81.
A noticia de que só quedan 4.000 entradas para o Deportivo- Espanyoly que Salva e Munitis provocaron 34 amarelas.
Deporte Campión
"Rumbo ao campamento basee" di o diario que recolle o plan de traballo dos próximos días desde que esta mesma tarde a expedición poña rumbo a Santander. A venda de entradas para os dous próximos encontros, para as que hai grandes colas, e unha guía de Santander para os que se despracen para o partido son outras das informacións do diario.
A posible substitución de Djalminha por Turu e o optimismo de Donato así como as palabras de ánimo de César e os seus desexos de vitoria son outras das novidades dun diario que entrevista a Manjarín, que recoñece que preferiría que o Deportivo xa lograse o título de Liga. Analiza o diario as actuacións do Racing en casa, que foi o máis alcanzable da presente liga.
O Ideal Galego
"A Coruña merécese este ano a liga que non conseguimos no 94. Bebeto envía ánimos desde Xapón aos deportivistas" recolle o diario da entrevista con Bebeto, que di que quere a liga para o Deportivo e recoñece que segue a evolución do equipo a través de internet.
"A demanda de localidades é superior á cantidade remitida polo Racing" di O Ideal que asegura ademais que centos de afeccionados fan cola na Mariña para non perderse o partido contra o Espanyol.
"Irureta cumprirá ante o Racing o seu partido 400 en Primeira. É o oitavo técnico con máis encontros" e "Brasil convoca a Flavio para o día 23. O centrocampista non se perderá o final de Liga" son o resto de titulares da xornada.
Marca
"400 partidos por unha Liga. Irureta pode alcanzar o título tras 12 tempadas en Primeira" di o diario que ademais fai un percorrido pola historia do irundarra. Ademais, recolle que nin Djalma nin César viaxan e que Jaime di "o domingo nada de radio, só penso no Depor".
_________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.