RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br> A viaxe a Santander e os preparativos do partido

Todos os medios fanse eco da viaxe da expedición branquiazul a Santander e do adestramento de onte en Riazor. O ambiente no persoal e a situación do Racing son as outras novidades.

La Voz de Galicia

"O Depor emprendeu onte a viaxe máis importante da súa historia. O equipo, xa en Santander, promete saír a gañar e sentenciar o título" di o diario que engade que "Irureta dubida entre Jokanovic e Turu para relevar a Djalma. O Depor podería recuperar o trivote para frear ao Racing". O diario recolle tamén que os deportivistas adestrarán hoxe en Vargas e que pola tarde terán un tratamento termal no Balneario en que se aloxan. O diario recolle todos os datos e estatísticas do rival branquiazul, o Racing e conclúe "O Racing agoniza en casa. O rival do Depor acusa a presión co marcador a favor, a endlebez dos seus centrais e as xogadas de estratexia do rival" e aproveita A Voz para entrevistar a Manjarín, ex-deportivista que agora milita no conxunto cántabro. "Quero vivir na Coruña a festa do título de Liga" asegura o xogador e engade "o domingo non celebrarei os goles, se marco". E xa en canto a futuras fichaxes, di o diario que Munitis abre a porta ao club herculino e Salva péchaa.

Deporte Campión

"E Djalminha non viaxou, pero únese hoxe á expedición. O xogador brasileiro tivo que quedar na Coruña por unha visita ao odontólogo" e recolle o Campión que Lendoiro se une mañá ao grupo, que hoxe traballan en Vargas e que a viaxe foi sen sobresaltos. O diario, en función do visto no adestramento de onte, di que Irureta prepara algunha sorpresa. "Gañar a liga é a máxima motivación" di Mauro mentres Jaime pensa en sentenciar. O diario di que o Deportivo está interesado no atlético Aguilera e asegura o diario que a revenda de entradas de tribuna para o Deportivo- Espanyol alcanza as 40.000 pesetas. As viaxes das penas a Santander e os máximos anotadores de Racing e Deportivo, Salva e Makaay son outras das informacións que se publican, do mesmo xeito que as palabras de Donato, que espera un dos partidos máis difíciles e as de Irureta, que cre que hai que ir con mentalidade gañadora. O resto dos enfrontamentos da xornada completan a información do día.

O Ideal Galego

"Irureta asegura que o seu equipo será en Santander máis ambicioso que nunca. Djalminha incorpórase hoxe á expedición" di o diario que engade que o persoal desexa estar unida para celebrar o éxito ou lamentar o fracaso. Scaloni di que sería un erro saír a empatar e Benítez asegura que os coruñeses non o van a ter fácil en Santander.

Mentres, o racinguista Salva advirte que o Racing quere facer ante o Depor o mellor partido do ano.

_________

Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com

__________

NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.