La Voz de Galicia
Di a Voz que Irureta se ve asfixiado para confeccionar un once inicial xa que as baixas de Naybet e Hélder descomponlle o equipo. O desexo de Ramis de xogar, a posible baixa de Mauro, o apoio de Villar a Arrate para que se aprace o partido se Djalminha insiste na súa demanda, as bases da denuncia que se basea na prohibición de exercer a súa profesión e o perfil de Urzaiz, único dianteiro centro do Athletic de Bilbao que xa marcou 5 goles completan a actualidade da xornada así como as críticas do técnico do Deportivo B, José María Branco, ao club herculino pola súa despreocupación polo Fabril.
Deporte Campión
Di o Campión que pase o que pase Irureta non vai convocar a Djalminha e inclúe o texto da demanda. O Campión fala con Fran que di que as cousas lle están saíndo ben, e con Molina, que non cre que o vídeo a Fernando sexa ético. Os posibles cambios en Bilbao, o aumento das penas deportivistas, o cinco empresas que optan á construción de Abegondo e a situación do Athletic, que asegura o diario que non é tan fero como o pintan...
Marca
Di Marca que Lendoiro asegura que se xogará o partido a pesar de que Djalminha prosegue coa demanda. A conversación que hoxe terán Fernando e Irureta, a procura do gol 50 na liga de Makaay, a posible titularidade de Raimis ante o Athletic, os bos resultados do equipo con Fran no campo, que conseguiu 19 dos 21 puntos posibles e o balance de goleadores do Deportivo esta campaña, máis repartidos que a pasada completan a actualidade en branquiazul deste diario.
A Opinión
Di este diario que O avogado de Djalma, Enrique Rodríguez, espera que o xogador poida estar en San Mamés e que o fiscal solicita ao xuíz que se declare incompetente no asunto. Teño fame de fútbol e de porme a camiseta, di Ramis, que talvez xogue o sábado.
AS
?Un xulgado do social non ten competencias?
O fiscal do xulgado do Social que instrúe a demanda presentada por Djalminha, Luís Anguita, rompeu o lume cunhas declaracións a Antena 3 Televisión que que soben o ton da polémica dun caso que ha convulsionado os cimentos do fútbol español. As, ademais, entendemos o malestar de Fernando e Irureta e a súa reacción, pero Canle + non forma parte de ningún grupo de presión que queira beneficiar a ninguén. O máis natural, como seguro que fará o Depor, é tomalo con madurez. O único perigoso sería que Fernando deixase de traballar ben polo enfado, e iso non pasará.
O País
A demanda de Djalminha non foi retirada aínda do xulgado