RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>Shevchenko e o Milán

Os diarios centran toda a atención no partido de Liga de Campións ante o Milán e nos pormenores da preparación de ambos os equipos.

La Voz de Galicia
Di A Voz que todos os xogadores do Deportivo prepáranse para anular a Shevchenko, que é unha estrela moi por encima do actual Milán e lembra que anotou un hat trick ante o Barça. A recuperación de Costacurta e a baixa de Chamot así como o traballo de Ambrosini, Coco e Gatusso á sombra dos astros ou a eficacia de Bierhoff completan a análise do rival. Tamén lembra a Voz que Naybet e Sampaio están recuperados e que os médicos do Deportivo dan opcións a Molina.

Deporte Campión
O Campión di que ter unha entrada para o partido de mañá é un tesouro e que o Club ampliou o prazo ata hoxe para retirar os abonos os socios. A análise de todos os xogadores do Milán, a baixa de Chamot, o temor de Shevchenko a quedar eliminado en Champions, o colexiado inglés Poll para o partido, a evolución de Molina, que podería estar mañá, a competencia de Pandiani, Tristán e Makaay por un posto, as palabras de Turu que di coñecer o interese do Atleti pola prensa ou o balbordo en Canarias polo presunto interese do Deportivo en Guayre completan as noticias da xornada.

Marca
Di Marca que Irureta terá que elixir entre Tristán ou Makaay, que Molina se recupera e que o Deportivo espera o primeiro cheo en Champions. A opinión de Shevchenko que cre que Djalminha fai un partido ben e dous mal, que o Depor confía no seu momento e a chegada do pai de Scaloni para negociar a renovación do xogador completan a actualidade da xornada.

AS
Diario As fala con Pandiani na véspera do partido e o uruguaio considera que é o Milán o que debe asustarse ante o Deportivo.

Futvol.com
Di o portal de fútbol que o Deportivo o ten todo de face para o encontro ao Milán.