RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Sergio Benito debuta de titular no Dépor B e José Areas suma o seu cuarto gol en cinco partidos

O estremeño Sergio Benito, de 18 anos e incorporado esta semana procedente do Mérida, debutou hoxe sábado pola tarde co Deportivo B no partido de Liga ante o Narón. Xogou polas baixas de lateral dereito. Ademais, Sergio Benito, que ten idade xuvenil, tamé

O filial deportivista impúxose (2-1) ao Narón e instálase xa nos postos altos da clasificación. Perico Ramallo aliñou de inicio a: Fabricio, Sergio Benito, Adrián, Juanan, Juachi, Alex, Borja Facal, Nacho, José Areas, Herbert e Aridane. Tamén entraron ao longo do partido Rubén Méndez, Moreira e Rubén Rivera.
Os tantos foron anotados por José Areas, o seu cuarto gol en cinco partidos, e Aridane. O mediapunta Areas foi, igualado con Iván Pérez, o pichichi da Terceira División a pasada tempada.
O próximo partido de Liga do Deportivo B será no campo das Eiroas de Carballo ante o Bergantiños.
No outro partido de categorías inferiores disputado esta tarde, o Cadete A empatou ante o Areosa (1-1) con tanto de Mon. Con este resultado, o equipo deportivista da División de Honra suma dúas vitorias e dous empates en catro partidos.