RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Sesión con alta carga táctica para Os Nosos nun comezo "bo despois dunha boa pretemporada"

O Dépor completou este xoves 21 de agosto unha sesión con alta carga táctica entre os campos 2 e 3 da Cidade Deportiva.

A xornada arrincou cunha activación con rondos supervisada polos preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca.

A continuación, Antonio Hidalgo tomou a batuta e deseñou cun exercicio táctico e un partido o plan para recibir ao Burgos CF este domingo 24 de agosto ás 17:00 (Dazn e LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 2ª xornada de LaLiga Hypermotion.

Jose Ángel está con adestramento personalizado.

En rolda de prensa, Zakaria Eddahchouri manifestou este mediodía que as sensacións son "boas non só para min senón tamén para os meus compañeiros. O comezo foi bo despois dunha boa pretemporada". 

O dianteiro holandés, pichichi da pretemporada con 5 goles, lembrou que "hai novo adestrador, novo staff cun novo sistema. A temporada pasada xogabamos con 4-3-3 e agora con 5 defensas. É diferente pero despois dunha boa pretemporada de 6 semanas son optimista".

Este venres, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 horas en  Abegondo.