RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Sete novos Socios de Ouro

Neste ano sete socios do Deportivo cumpriron os 50 anos ininterrompidos como abonados da entidade branquiazul e, como vén sendo habitual, fíxoselles entrega da insignia de ouro do Club polo seu apoio. María Amelia Fernández López (socia número 120), Xull

No acto, celebrado na Praia Club e cargado de emotividade, o presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro comentou ?grazas a vós hoxe podemos gozar do que temos. Por suposto que merecedes esta homenaxe?.

Enrique Carreira Mosquera, en nome de todos os homenaxeados, agradeceu en primeiro lugar ao Deportivo polo xesto de agarimo que ten cara aos seus socios máis fieis lle. Eloxiou o vivido polo deportivismo neste últimos dez anos e dedicoulle a insignia de ouro ao seu pai, "xa nonagenario, pero sen el, que era o que pagaba o meu carné cando eu tiña oito anos, non chegaría ata aquí". Por fin, Enrique Carreira, ex-edil do Concello da Coruña, quixo "abrir unha vía de negociación. Situar no novo Estadio de Riazor nos peiraos de San Diego, unha zona que coa construción do porto exterior vai quedar libre; a cambio dos terreos que agora mesmo ocupa o actual estadio deportivista enfronte da Praia de Riazor". Para Enrique Carreira, o estadio "ten que ser a locomotora que arrastre o proxecto deportivo". Por último, pediu Enrique Carreira, socio número 128, que as institucións apoien ao Deportivo. "Hoxe en día ti nomeas A Coruña en Dublín e rapidamente relaciónana co Deportivo. E iso é moi importante".

Por fin, Augusto César Lendoiro, deu o parabén aos socios de ouro, por "manterse tantos anos, e en momentos tan difíciles á beira do club". Lembrou que para o Deportivo, os seus socios "son unha parte fundamental, aínda que en realidade achegar unicamente o dez por cento do orzamento total do club. Por iso temos que seguir buscando diñeiro debaixo das pedras para que isto continúe".