RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Traballo en espazos amplos para "insistir nas cousas nas que confiamos"

Sesión forte da semana para Os Nosos na Cidade Deportiva, cunha activación, un exercicio de posición e traballo táctico en espazos amplos no campo 3.

Lucas Pérez, após recoller o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de novembro, subliña que "o que podemos facer é seguir traballando en Abegondo e insistir nas cousas que confiamos como poder levar a pelota da mellor maneira posible para poder atacar e presionar moito máis arriba para que non nos metan moi atrás".

O capitán deportivista puxo como exemplo o partido da pasada fin de semana ante o Real Zaragoza en ABANCA-RIAZOR no que "a partir do minuto 70 demos o partido a estar máis protexidos que a facer dano ao rival. E iso pódeche saír ben ou che pode saír mal, como o outro día que nos marcaron nos últimos minutos".

Petxarroman estivo con adestramento personalizado, do mesmo xeito que Dani Barcia. Pola súa banda, Álex Pereira foi o representante de ANOSACANTEIRA.

Mañá venres, Os Nosos adestraranse a partir das 11:00 na última sesión en Abegondo, posto que o sábado pola tarde, o equipo traballará xa ás 18:00 (hora local) na Cidade Deportiva do CD Tenerife no último adestramento previo ao choque do domingo 15 de decembro ás 21:00 horas (hora galega, 20:00 hora local) no Heliodoro Rodríguez López.