O persoal deportivista traballa esta mañá no Estadio de Riazor tras as sesións celebradas nos últimos días en Acea de Ama.
Os branquiazuis continúan así coa súa preparación para o encontro do sábado (20:45 horas) ante o Betis, o último antes do parón do Nadal que lles dará vacacións ata o próximo día 30.