RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Tres sesións no Dépor Training Center previas ao encontro en Albacete para un Dépor "con ilusión"

O Dépor, este martes 25 de novembro con traballo complementario orientado a futbolistas 'tocados' ou con tarefas específicas, comeza o mércores 26 de novembro unha nova semana de traballo con final en Albacete o sábado 29 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, GOL, TEN e TVG).

Os resultados da última xornada, co triunfo en ABANCA-RIAZOR ante o AD Ceuta FC, deixaron a Os Nosos á fronte da táboa con 29 puntos, os mesmos que o Real Racing Club (2º) e a UD Las Palmas (3º). 

Antonio Hidalgo disporá de 3 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center.

O último adestramento antes do partido, o do venres 28, adiántase ás 9:30 porque nada máis concluír, o Deportivo partirá de viaxe a Albacete, vía Madrid.

Arnau Comas, na zona mixta de ABANCA-RIAZOR o pasado domingo, insistiu en ir "partido a partido, que isto é moi longo".

O central asegura que o grupo está "con ilusión. Vémonos aí arriba e somos ambiciosos. Queremos estar o máis arriba posible pero partido a partido. Seguro que vai haber moitas xeiras. Hai outros equipos que tamén están a facer as cousas moi ben. Espero a final de temporada facer un bo balance final".

Pola súa banda, o técnico deportivista mostrouse na rolda de prensa pospartido "contento coa xente que participa (desde o banco), coa que pode estar a esperar a súa oportunidade" e reitera sobre os problemas físicos dos seus futbolistas que "o fútbol é así, hai que levalo como vén; e esperar que se poidan recuperar canto antes".

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 26 de novembro
10:30 h.

Xoves 27 de novembro
10:30 h.

Venres 28 de novembro
9:30 h.

Sábado 29 de novembro
18:30: Albacete Balompié - Deportivo, no Estadio Carlos Belmonte