RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Un Dépor centrado no seguinte paso, que é o seguinte partido rebaixou hoxe a carga física antes do último ensaio de mañá sábado

Un Dépor "centrado no seguinte paso", segundo asegurou Imanol Idiakez en rolda de prensa, rebaixou hoxe venres a carga física antes do último ensaio en Abegondo de mañá sábado ás 11:00 de cara ao choque deste domingo 18 de febreiro ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR ante a SD Tarazona (TVG-2 e FEF TV).

O técnico deportivista subliñou que "o camiño se fai andando e o equipo entendeu hai moitísimas semanas que despistarnos con cousas no medio prazo que non están ao teu alcance non nos axudaban. Estamos moi centrados no seguinte paso, que é o seguinte partido".

Con esta premisa, a sesión desta mañá consistiu nunha activación con xogos, rondos, fútbol-tenis e un ensaio de accións a balón parado, todo iso no campo 3.

"A xente adestrou fenomenal, as vitorias sempre axudan a ter un ánimo máis positivo. Pero non afrouxamos, a xente está a apertar por seguir mantendo o nivel e porque o domingo volvamos facer un bo partido", engadiu o adestrador branquiazul.

Rubén foi o representante de #ANOSACANTEIRA nun grupo con todos os seus compoñentes sobre o céspede.