RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Venres de ximnasio para Os Nosos con dúas sesións aínda por diante até o partido en Castellón

Xa o advertiron ante os medios os xogadores e o propio Óscar Gilsanz ao ser preguntados polos 10 días entre o partido do Córdoba en ABANCA-RIAZOR (venres 7 de marzo) e o do CD Castellón deste luns 17 ás 20:30 en Castalia (LaLiga TV Hypermotion): "O bo de ter eses 10 días é que temos tempo para descansar e tamén para preparar ben o seguinte partido", en palabras por exemplo de Rafa Obrador.

Así pois, e aínda con 2 adestramentos por diante aínda até o partido ante os castellonencos, o de mañá sábado ás 11:00 en Abegondo e o do domingo ás 17:15 na Cidade Deportiva do CD Castellón, Óscar Gilsanz deixou esta mañá aos seus xogadores no ximnasio e na sala de fisioterapia.