RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Víctor lembra que ''é importantísimo o apoio da afección''

Víctor Sánchez calificó o partido de mañana sábado (22.00 horas) en Riazor ante o Vilarreal como "a primeira final das que poden vir después. Este partido é vital para nós, e para éso preparámonos e ím

Cre o técnico deportivista que "é importantísimo o apoio da afección. O ambiente de Riazor que eu estou adoitado e que vivín en toda a miña historia, tamén en momentos que non foron moi bos, a afección estivo apoiando ao equipo desde o primeiro minuto ata o final. Ese apoio e ese alento é importantísimo para conseguir unha xogada, para empuxar a un xogador a loitar ata o final e axudar a conseguir a vitoria, que é o que todos queremos".

Do rival, Víctor Sánchez cre que é un equipo "ao que custa moitísimo facerlle situacións de gol. No plano ofensivo conta con boas individualidades e con velocidade no seu centro do campo cara arriba". Lembra que todos os equipos que adestra Marcelino García Toral caracterízanse por esa "disciplina e orde táctica".