RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Viveiro volverá acoller un DéporCampus Cabreiroá do 3 ao 7 de xullo

Viveiro acolleu o pasado mércores 14 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que se realizará na devandita localidade da Mariña lucense.

Despois dun ano 2021 onde se recuperou a actividade trala pandemia de COVID-19 con máis de 80 participantes, repite un dos DéporCampus Cabreiroá con máis edicións e máis éxito.

Á presentación asistiron María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; Paco Rojo, directivo do Viveiro CF, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 3 e 7 de xullo.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Viveiro e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do mércores día 28 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.