RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Volven os DéporCampus Cabreiroá de Nadal. Participa!

Este ano no mes de decembro, coincidindo coas vacacións de Nadal no calendario escolar, volven os DéporCampus Cabreiroá nas súas dúas sedes habituais: Sada e Alvedro. De novo levarán a cabo diferentes actividades lúdicas todas elas relacionadas co fútbol baixo a supervisión dos adestradores da canteira do RC Deportivo.

A sede de Alvedro, que se desenvolve a cuberto no campo de fútbol indoor das instalacións de PadelPlus, continuará coa súa duración de dúas semanas e levará a cabo a primeira semana os días 26, 27 e 28 de decembro e en xaneiro os días 2, 3 e 4 de xaneiro, ambas as en horario de mañá de 10:00 a 14:00 h.

A sede de Sada chega á súa cuarta edición, despois de bater a marca de participación o ano pasado con 50 nenos e nenas e desenvolverase novamente nas instalacións do campo de fútbol municipal das Mariñas, en colaboración co Sada CF.

En ambas as actividades poderán participar todos os nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e no caso da sede de Alvedro con limitación de 20 prazas por semana. Todos os participantes recibirán un equipamento oficial dos DéporCampus Cabreiroá, ademais dos diferentes sorteos de agasallos, actividades sorpresa, etc.

As inscricións xa se atopan abertas na web oficial http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/ até o vindeiro xoves 22 de decembro.

Para calquera dúbida ou consulta coa inscrición poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es

Debido á limitación de prazas e a demanda para estas actividades de nadal, recoméndase non demorar a inscrición a todos aqueles nenos e nenas que queiran participar nestas 3 xornadas apaixonantes de fútbol con diversas actividades, novas amizades e moito deportivismo.