RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Zas presume da súa Dépor Escola Feiraco 2025-26, aínda con prazas dispoñibles nas súas 3 quendas dos mércores

A localidade coruñesa de Zas presume da súa Dépor Escola Feiraco 2025-26, que comezará a súa actividade no campo de Santo André o próximo 1 de outubro.

Ao acto de presentación asistiron Manuel Muiño, Alcalde de Zas; José Brenlla, Tenente de Alcalde; Rubén Forján, Coordinador das Escolas do Concello de Zas; e Sergio Maurente, un dos responsables da Dépor Escola Feiraco; e Adrián Vilas, Coordinador da sede de Zas da Dépor Escola Feiraco.

Está aberto o prazo de inscrición en http://escola.rcdeportivo.es.

Polo momento hai prazas dispoñibles nas 3 quendas dos mércores: 16:30, 17:30 e 18:30.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas nadas entre 2012 e 2019 incluídos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.