Cadros Históricos
















































































Temporada 2014-2015

Unha milagrosa permanencia no Camp Nou definiu o sufrimento permanente daquel curso. O Dépor necesitaba puntuar na última xornada no campo dun Barcelona xa campión de Liga e as cousas pintaban realmente mal cando os azulgrana, que aínda tiñan por diante as finais de Copa do Rei e Liga de Campións, colocábanse 2-0 á hora de xogo. Con todo, un gol de Lucas Pérez e outro de Diogo Salomão valeron un empate que garantiu a continuidade en Primeira. Víctor Sánchez del Amo substituíu a Víctor Fernández no banco branquiazul con só dous puntos por encima da zona de descenso e con oito partidos por diante, nos que o equipo conseguiu sumar unha vitoria e cinco empates.
Liga (Primeira División) 16º con 35 puntos (7 v, 14 e, 17 d, 35 gf, 60 gc)
Copa do Rei Dezaseisavos de final (eliminado polo Málaga)
RCD / Presidente
Constantino Fernández PicoRCD / Corpo Técnico
Víctor Fernández (adestrador) e Roberto Cabellud (segundo adestrador) Ata abril
Víctor Sánchez del Amo (adestrador), David Dóniga (segundo adestrador), Nacho Oria e José Ángel Franganillo (preparadores físicos), Manu Sotelo (adestrador de porteiros), Carlos Morales (analista), Ramón Barral e Carlos Lariño (médicos), Adán Carbó e Adolfo Mateo (fisioterapeutas), Pablo López (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Lux, 13 Fabricio e 26 David Gómez.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Canella, 5 Insua, 11 Juanfran, 12 Sidnei, 15 Laure, 16 Luisinho, 21 Diakité (baixa en inverno), 22 Seoane (baja en invierno), 23 Lopo e 25 Borja López (fichado en inverno).
CENTROCAMPISTAS: 4 Álex Bergantiños, 6 José Rodríguez, 8 Medunjanin, 10 Juan Domínguez, 14 Isaac Cuenca, 20 Wilk, 22 Borges (fichado en inverno), 25 Juan Carlos (baixa en inverno) e 28 Marcos Remeseiro.
DIANTEIROS: 7 Lucas Pérez, 9 Hélder Postiga, 17 Salomão (fichado en inverno), 18 Toché, 19 Ivan Cavaleiro, 21 Oriol Riera (fichado en inverno) e 32 Hélder Costa (fichado en inverno).