Cadros Históricos
















































































Temporada 2013-2014

A segunda campaña no purgatorio foi distinta á anterior mais tamén tivo desenlace feliz. O Dépor de Fernando Vázquez superou todo tipo de vicisitudes e o histórico cambio nos despachos para regresar a Primeira pola vía rápida. Após un comezo de Liga un tanto dubitativo, o equipo empolicouse á segunda praza na 13ª xornada e xa non abandonaría os postos de ascenso. Coa misión de voltar á elite custe o que custe, o Club viviu o mercado invernal máis intenso da súa historia, con nada menos que seis incorporacións. Case todos eles se converteron en titulares indiscutibles e deron ao equipo o plus necesario para se manter no máis alto. O ascenso quedou fechado na penúltima xornada, cunha vitoria ante o Jaén en Riazor, grazas a un gol de Carlos Marchena.
Liga (Segunda División) 2º con 69 puntos (19 v, 12 e, 11 d, 48 gf, 36 gc)
Copa do Rei Terceira rolda (elimina ao Córdoba, eliminado polo Jaén)
RCD / Presidente
Augusto César Lendoiro (01/2014) Constantino Fernández PicoRCD / Corpo Técnico
Fernando Vázquez (adestrador), Manuel Pombo (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), Manu Sotelo (adestrador de porteiros), Ramón Barral e Carlos Lariño (médicos), Adán Carbó e Adolfo Mateo (fisioterapeutas), Pablo López (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Lux, 13 Fabricio, 26 David Gómez e 27 Marc Martínez.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 5 Marchena, 15 Laure, 16 Luisinho, 17 Ayoze (baixa en inverno), 22 Seoane, 23 Kaká (baixa en inverno), 23 Lopo (fichado en inverno), 28 Insua, 29 Uxío, 34 Deák e 35 Quique Fornos.
CENTROCAMPISTAS: 3 Sissoko (fichado en inverno), 4 Álex Bergantiños, 7 Antonio Núñez, 8 Rudy (baixa en inverno), 10 Juan Domínguez, 14 Rabello (fichado en inverno), 16 Bruno Gama (baixa en setembro), 19 Culio (baixa en inverno), 20 Wilk, 25 Juan Carlos, 30 Bicho, 31 Teles e 33 Cañi.
DIANTEIROS: 9 Borja Bastón, 11 Arizmendi, 17 Salomão (fichado en inverno), 18 Toché (fichado en inverno), 19 Ifrán (fichado en inverno), 24 Luis Fernández e 32 Dani Iglesias.