Cadros Históricos
















































































Temporada 2004-2005

O fin dun ciclo, dunha era gloriosa. O Deportivo despediuse da Liga de Campións, na súa quinta participación consecutiva, co mal sabor de boca de converterse no primeiro equipo da historia que acabou a fase de grupos sen meter un só gol. No positivo hai que destacar que o taboleiro de puntos non quedou a cero, pois sumou dous empates, un deles na súa primeira visita ao mítico estadio de Anfield, feudo do Liverpool. A Liga foi unha travesía pola metade da táboa. A 8ª praza final (que tamén ocupou nas xornadas 7, 12, 13, 14 e 15) foi o teito do equipo, que na segunda volta se moveu entre o 9º e o 11º posto. As posicións europeas sempre estiveron tan lonxe como as de descenso para un Dépor que sumou tantas vitorias (6) en casa como a domicilio. Riazor deixou de ser un fortín aínda que, na penúltima xornada, despediu con todas as honras a Fran e Mauro Silva, despois de 18 e 13 temporadas, respectivamente, ao servizo do Club.
Liga (Primeira División) 8º con 51 puntos (12 v, 15 e, 11 d, 46 gf, 50 gc)
Copa do Rei Dezaseisavos de final (elimina ao Cerceda, eliminado polo Elche)
Liga de Campións Fase de grupos (elimina ao Shelbourne na rolda previa, 4º do Grupo A tras Mónaco, Liverpool e Olympiacos)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Javier Irureta (adestrador), Francisco Delgado Melo (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparadores físicos), José Sambade (adestrador de porteiros), César Cobián e Ramón Barral (médicos), Carlos Lalín (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Molina, 13 Munúa e 25 Dani Mallo.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Romero, 5 César, 14 Jorge Andrade, 15 Capdevila, 20 Pablo Amo, 23 Coloccini (fichado en inverno) e 24 Héctor.
CENTROCAMPISTAS: 4 Duscher, 6 Mauro Silva, 8 Sergio, 10 Fran, 12 Scaloni, 16 Acuña (fichado en inverno), 18 Víctor, 21 Valerón e 33 Pita.
DIANTEIROS: 7 Pandiani, 9 Tristán, 11 Munitis, 16 Rubén Castro (baixa en inverno), 19 Luque, 22 Changui (baixa en inverno) e 38 Xisco.