Cadros Históricos
















































































Temporada 2003-2004

Nunca tivo máis cerca a gloria europea o equipo branquiazul. Na súa cuarta participación na Liga de Campións, o Deportivo quedou a un paso da final. Nunha igualada eliminatoria ante o Porto, os portugueses desnivelaron a balanza en Riazor, no encontro de volta, cun solitario gol de penalti. Para chegar até alí, na primeira fase o Dépor levantouse dunha estrondosa derrota en Mónaco (8-3) e avanzou a oitavos como segundo de grupo grazas á diferenza de goles favorable co PSV Eindhoven, co que igualou a 10 puntos. Primeiro tombou a Juventus e despois o Milan, coa remontada máis incrible xamais vista en competicións continentais: do 4-1 en San Siro ao 4-0 en Riazor. Na Liga, os branquiazuis acabaron por quinta campaña consecutiva no podio, na 3ª praza. As opcións de loitar polo título esfumáronse cunha serie dun empate (Atlético) e tres derrotas (Barça, Valencia e Mallorca) entre as xornadas 25 e 28.
Liga (Primeira División) 3º con 71 puntos (21 v, 8 e, 9 d, 60 gf, 34 gc)
Copa do Rei Oitavos de final (elimina a Compostela e Gimnástica de Torrelavega, eliminado polo Atlético de Madrid)
Liga de Campións Semifinalista (elimina ao Rosenborg na rolda previa, 2º do Grupo C tras o Mónaco e por diante de PSV Eindhoven e AEK Atenas, elimina a Juventus e Milan, eliminado polo Porto)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Javier Irureta (adestrador), Francisco Delgado Melo (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), José Sambade (adestrador de porteiros), César Cobián e Ramón Barral (médicos), Pablo López, Sergio Álvarez e Raúl López (fisioterapeutas), Guillermo (masaxista), Carlos Lalín (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Molina, 13 Munúa, 25 Juanmi (baixa en setembro), 25 Songo'o (fichado en inverno) e 31 David Yáñez.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Romero, 4 Naybet, 5 César, 14 Jorge Andrade, 15 Capdevila, 20 Pablo Amo e 24 Héctor.
CENTROCAMPISTAS: 6 Mauro Silva, 8 Sergio, 10 Fran, 12 Scaloni, 16 Djalminha, 18 Víctor, 21 Valerón, 22 Jaime (baixa en inverno) e 23 Duscher.
DIANTEIROS: 7 Pandiani, 9 Tristán, 11 Amavisca, 17 Munitis, 19 Luque e 22 Iván Pérez (fichado en inverno).