Cadros Históricos
















































































Temporada 2002-2003

A temporada comezou da mellor maneira posible, coa conquista da terceira Supercopa de España, tras bater o Valencia nos dous partidos. Co sexto título oficial nas vitrinas, o Dépor mantívose vivo en todas as competicións até o tramo final. Despois de sumar 15 vitorias en 20 xornadas, entre a 14ª e a 33ª, o equipo deportivista colocouse líder, mais dúas derrotas consecutivas ante Valencia e Celta baixárono da pelexa pola Liga. Roy Makaay proclamouse máximo goleador liga con 29 dianas. Na Copa do Rei, que deixou senllos partidos sensacionais ante Racing de Ferrol e Murcia, o Mallorca foi o verdugo nas semifinais. Nesta ocasión, a Liga de Campións acabouse antes do esperado. Após superar a primeira fase ante Milan, Lens e Bayern, os coruñeses caeron na segunda liguiña a mans de Manchester United e Juventus. A campaña tamén estivo marcada pola baixa de Molina, que debeu deixar temporalmente a actividade deportiva debido a un cancro testicular.
Liga (Primeira División) 3º con 72 puntos (22 v, 6 e, 10 d, 67 gf, 47 gc)
Copa do Rei Semifinalista (elimina a Racing de Ferrol, Alicante e Murcia, eliminado polo Mallorca)
Supercopa de España Campión (ante o Valencia, 3-0 en Riazor, 0-1 en Mestalla)
Liga de Campións 2ª fase de grupos (2º do Grupo G da 1ª fase tras o Milan e por diante de Lens e Bayern Múnic; 4º do Grupo D da 2ª fase tras Manchester United, Juventus e Basilea)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Javier Irureta (adestrador), Francisco Delgado Melo (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), José Sambade (adestrador de porteiros), César Cobián e Ramón Barral (médicos), Andrés Llamas e Sergio Álvarez (fisioterapeutas), Antonio Segade (masaxista), Carlos Lalín (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Molina, 13 Dani Mallo e 25 Juanmi.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Romero, 4 Naybet, 5 César, 8 Pablo Amo (fichado en setembro), 14 Jorge Andrade, 15 Capdevila, 17 Djorovic, 20 Donato, 24 Héctor, 32 Javi Angeriz e 33 Antonio.
CENTROCAMPISTAS: 6 Mauro Silva, 8 Djalminha (baixa en setembro), 10 Fran, 11 Amavisca, 12 Scaloni, 16 Sergio, 18 Víctor, 21 Valerón, 22 Acuña e 23 Duscher.
DIANTEIROS: 7 Makaay, 9 Tristán, 19 Pandiani (baixa en setembro) e 19 Luque (fichado en setembro).