Cadros Históricos
















































































Temporada 2001-2002

Unha das obras mestras do deportivismo quedou asinada o 6 de marzo de 2002. No día en que o Real Madrid cumpría 100 anos, o Deportivo daba unha lección de fútbol no Santiago Bernabéu e alzábase coa súa segunda Copa do Rei, cando a festa estaba preparada para os anfitrións. Os goles de Sergio e Tristán deron lugar ao "Centenariazo". No campionato ligueiro, o Dépor obtivo o quinto subcampeonato da súa historia. Líderes durante a metade da primeira volta, a pesar da sensible baixa de Manuel Pablo por unha terrible lesión ante o Celta, os branquiazuis cederon a primeira praza na 19ª xornada, tras perder no Bernabéu, onde comezou a peor serie do curso, con 4 derrotas en 8 xornadas. Con todo, o liderado sempre estivo a 5 puntos ou menos, aínda que a pesar de gañar 8 dos últimos 12 encontros, o título levouno un Valencia que conquistou nada menos que 32 dos últimos 36 puntos en xogo. Diego Tristán, con 21 goles, alzouse co Trofeo Pichichi. Na Liga de Campións, o Deportivo asaltou Old Trafford e Highbury, mais claudicou na eliminatoria de cuartos de final, de novo ante o Manchester United.
Liga (Primeira División) 2º con 68 puntos (20 v, 8 e, 10 d, 65 gf, 41 gc)
Copa do Rei Campión (elimina a Marino de Luanco, Cultural Leonesa, Hospitalet, Valladolid, Figueres e Real Madrid)
Liga de Campións Cuartos de final (1º do Grupo G da 1ª fase por diante de Manchester United, Lille e Olympiacos; 2º do Grupo D da 2ª fase tras o Bayer Leverkusen e por diante de Arsenal e Juventus; eliminado polo Manchester United)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Javier Irureta (adestrador), Francisco Delgado Melo (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), José Sambade (adestrador de porteiros), César Cobián e Ramón Barral (médicos), Andrés Caramés, Andrés Llamas e Eduardo Seoane (fisioterapeutas), José Antonio Ares e Antonio Segade (masaxistas), Carlos Lalín (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Molina, 13 Nuno e 26 Dani Mallo.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Romero, 4 Naybet, 5 César, 15 Capdevila, 19 Djorovic, 20 Donato, 22 Hélder e 24 Héctor.
CENTROCAMPISTAS: 6 Mauro Silva, 8 Djalminha, 10 Fran, 11 Amavisca, 12 Scaloni, 14 Emerson, 16 Sergio, 18 Víctor, 21 Valerón, 23 Duscher e 25 José Manuel.
DIANTEIROS: 7 Makaay, 9 Tristán e 17 Pandiani.