Cadros Históricos
















































































Temporada 2000-2001

A temporada arrincou cun novo título, a Supercopa de España conquistada fronte ao Espanyol en Riazor (2-0, tras o 0-0 da ida en Montjuich), e cunha histórica estrea na Liga de Campións. Na máxima competición continental, o Deportivo superou as dúas primeiras fases de grupos, gañou no Parque dos Príncipes e sacou un decisivo e merecido empate en Milán e plantouse nos cuartos de final ante o equipo revelación da Premier League inglesa, o Leeds United. Un mal día en Elland Road (3-0) dificultou unha remontada que non se produciu polos pelos (2-0) nun irresistible encontro de volta. Na Liga, o equipo alcanzou unha enorme regularidade, que lle deu para, no ecuador do campionato, situarse nunha segunda praza que non abandonaría ata a conclusión do torneo. Por encima, un intratable Real Madrid, que non deixou que os coruñeses se achegasen a menos de 4 puntos. O Dépor sumou 4 puntos máis que os que lle valeron o ano anterior para ser campión mais os merengues cantaron o alirón cando aínda restaban dúas xornadas por disputarse.
Liga (Primeira División) 2º con 73 puntos (22 v, 7 e, 9 d, 73 gf, 44 gc)
Copa do Rei Dezaseisavos de final (elimina ao Universidad de Las Palmas, eliminado polo Tenerife)
Supercopa de España Campión (ante o Espanyol, 0-0 en Montjuïc, 2-0 en Riazor)
Liga de Campións Cuartos de final (1º do Grupo E da 1ª fase por diante de Panathinaikos, Hamburgo e Juventus; 1º do Grupo B da 2ª fase por diante de Galatasaray, Milan e Paris Saint-Germain; eliminado polo Leeds United)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Javier Irureta (adestrador), Francisco Delgado Melo (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), José Sambade (adestrador de porteiros), César Cobián e Ramón Barral (médicos), Andrés Caramés, Andrés Llamas e Sergio Álvarez (fisioterapeutas), José Antonio Ares e Antonio Segade (masaxistas), Carlos Lalín (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Songo'o, 13 Molina e 26 Dani Mallo.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Romero, 4 Naybet, 5 César, 15 Capdevila, 19 Ramis (baixa en inverno), 20 Donato e 22 Hélder.
CENTROCAMPISTAS: 6 Mauro Silva, 8 Djalminha, 10 Fran, 12 Scaloni, 14 Emerson, 16 César Sampaio, 18 Víctor, 21 Valerón, 23 Duscher, 24 Jokanovic (baixa en setembro) e 25 Fernando.
DIANTEIROS: 7 Makaay, 9 Pauleta (baixa en agosto), 9 Tristán (fichado en agosto), 11 Turu Flores, 17 Pandiani e 19 Bassir (fichado en inverno).