Cadros Históricos
















































































Temporada 1999-2000

O soño fíxose realidade o 19 de maio de 2000. Tras o subcampeonato de 1950 e quedar a 11 metros do título en 1994, chegaba a hora de celebrar o título de Liga na Coruña. A Liga máis igualada da historia, como testemuñan os 69 puntos e 11 derrotas que subiron ao taboleiro do Dépor e os 27 puntos de distancia entre o campión e o primeiro descendido, tivo un epílogo indeleble, nun Riazor ateigado, con goles de Donato e Makaay. Mais para chegar a iso houbo moito que vogar con anterioridade. Na 10ª xornada despegou definitivamente o conxunto herculino, que sumou 7 vitorias consecutivas. En metade desa serie, após gañar 5-2 ao Sevilla na 12ª xornada, ergueuse a un liderado que xa non volvería soltar. Pese ao 0-3 ante o Racing en Riazor, ao gol inxustamente anulado a Songo'o en Soria, á autoexpulsión de Djalminha ante o Zaragoza ou á derrota en Balaídos ante un Celta con dez. No regreso a Europa tras un ano de ausencia, o Arsenal foi o verdugo nos oitavos de final da Copa da Uefa.
Liga (Primeira División) 1º con 69 puntos (21 v, 6 e, 11 d, 66 gf, 44 gc)
Copa do Rei Oitavos de final (elimina ao Málaga, eliminado polo Osasuna)
Copa da Uefa Oitavos de final (elimina a Stabæk, Montpellier e Panathinaikos, eliminado polo Arsenal)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Javier Irureta (adestrador), Francisco Delgado Melo e Carlos Ballesta (adestradores axudantes), José Ángel Franganillo (preparador físico), José Sambade (adestrador de porteiros), César Cobián (médico), Andrés Caramés e Andrés Llamas (fisioterapeutas), José Antonio Ares, Antonio Segade e Antonio Vázquez (masaxistas), Carlos Lalín (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Songo'o, 13 Kouba e 26 Dani Mallo.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Romero, 4 Naybet, 5 Schürrer, 14 César, 19 Ramis e 20 Donato.
CENTROCAMPISTAS: 6 Mauro Silva, 8 Djalminha, 10 Fran, 12 Scaloni, 16 Flávio Conceiçao, 17 Manel, 18 Víctor, 21 Jaime, 22 José Manuel, 24 Jokanovic e 25 Fernando.
DIANTEIROS: 7 Makaay, 9 Pauleta, 11 Turu Flores, 15 Iván Pérez e 23 Bassir.