Cadros Históricos
















































































Temporada 1997-1998

O traspaso, a piques de se fechar o mercado, de Rivaldo ao Barcelona, que paga os 4.000 millóns de pesetas da súa cláusula de rescisión, trastorna todos os plans dun Dépor que cae na primeira rolda da Copa da Uefa, ante o Auxerre, e que non suma máis que 3 triunfos en toda a primeira volta. O Club vese obrigado a destituír o técnico Carlos Alberto Silva despois de perder perante o Valladolid na 6ª xornada ligueira e a reforzarse a conciencia no mercado invernal. En xaneiro aterran catro xogadores (Hadji, Scaloni, Abreu e Manteca Martínez) e o conxunto coruñés esperta nunha segunda volta na que suma 10 vitorias, entre elas un inesquecible 3-1 ao Barça no regreso de Rivaldo a Riazor. As pantasmas do descenso afástanse grazas á regularidade exhibida no seu feudo, onde consegue unha serie de 22 puntos de 24 posibles, antes de perder os seus dous últimos choques en Riazor ante o Valencia e o Compostela, que evita o descenso directo cun deshonroso 2-6.
Liga (Primeira División) 12º con 49 puntos (12 v, 13 e, 13 d, 44 gf, 46 gc)
Copa do Rei Cuartos de final (elimina ao Osasuna, eliminado polo Alavés)
Copa da Uefa Trintaedousavos de final (eliminado polo Auxerre)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Carlos Alberto Silva (adestrador) e José Manuel Corral (segundo adestrador) Ata outubro
José Manuel Corral (adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), César Cobián (médico), Andrés Caramés e José Luis Aristín (fisioterapeutas), Antonio Segade e Antonio Vázquez (masaxistas), Juan Hermida (ATS), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Nuno, 13 Songo'o e 25 Rufai.
DEFENSAS: 2 Armando, 3 Hélder, 4 Naybet, 14 Paco, 17 Nando (baixa en inverno), 19 Ramis, 20 Donato, 21 Bonnissel, 29 Aira, 33 Pinillos e 35 Toni.
CENTROCAMPISTAS: 5 Djalminha, 6 Mauro Silva, 8 Martins (baixa en inverno), 8 Hadji (fichado en inverno), 10 Fran, 12 Scaloni (fichado en inverno), 15 Alfredo (baixa en inverno), 16 Flávio Conceiçao e 31 Padín.
DIANTEIROS: 7 Manjarín, 9 Luizao, 11 Manteca Martínez (fichado en inverno), 18 Bassir, 22 Madar, 23 Abreu (fichado en inverno), 26 David, 30 Deus, 32 Maikel e 37 Carlos.