Cadros Históricos
















































































Temporada 1996-1997

Unha temporada exitosa á vez que turbulenta. O Deportivo bailou ao ritmo que marcaron Rivaldo (21 goles) e Corentin Martins (13), para finalizar o campionato fechando o podio, tras o Real Madrid e o Barcelona. Aquel Dépor só perdeu 7 partidos nunha Liga de 42 xornadas. A primeira derrota chegou na 18ª xornada, en Riazor ante o Barcelona (0-1). Con ela, a serie sen perder en Liga, precisamente iniciada cun empate ante os azulgrana na última xornada da campaña anterior, quedou en 18 encontros. Dúas semanas despois, un mal xesto do técnico John Toshack cara á bancada durante o partido ante o Athletic comezou a cavar a tumba do galés, destituído despois de que os deportivistas sumasen un só punto nos 3 seguintes encontros. Co equipo quinto na táboa, chegou o brasileiro Carlos Alberto Silva. Os branquiazuis endereitaron o rumbo con 10 vitorias en 12 xornadas, grazas ás cales se asentaron na 3ª praza definitivamente. No plano individual, Songo'o conquista o Trofeo Zamora.
Liga (Primeira División) 3º con 77 puntos (21 v, 14 e, 7 d, 57 gf, 30 gc)
Copa do Rei Oitavos de final (elimina a Mallorca e Sevilla, eliminado polo Espanyol)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
John Toshack (adestrador) e José Manuel Corral (segundo adestrador) Ata febreiro
Carlos Alberto Silva (adestrador), José Manuel Corral (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), César Cobián (médico), José Luis Aristín (fisioterapeuta), Antonio Vázquez (masaxista), Juan Hermida (ATS), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Kouba, 13 Songo'o, 24 Nuno (fichado en inverno) e 25 Canales (baixa en inverno).
DEFENSAS: 2 Armando, 3 Bonnissel, 4 Naybet, 5 Djukic, 12 Hélder (fichado en inverno), 14 Paco, 16 Voro (baixa en inverno), 17 Nando e 20 Donato.
CENTROCAMPISTAS: 6 Mauro Silva, 8 Martins, 10 Fran, 15 Alfredo, 16 Flávio Conceiçao (fichado en inverno), 21 Martín Vázquez, 23 Milovanovic e 27 Viqueira.
DIANTEIROS: 7 Manjarín, 9 Madar, 11 Rivaldo, 18 Begiristain, 22 Renaldo (fichado en inverno), 26 David, 28 Deus e 30 Maikel.