Cadros Históricos
















































































Temporada 1994-1995

O pau do curso anterior serviu para reforzar aínda máis ao vestiario deportivista, que finalizou a temporada logrando o primeiro título da historia do Club. A Copa do Rei entrou pola porta grande das vitrinas branquiazuis despois dunha final disputada en dous actos debido á treboada caída sobre Madrid. O partido retomouse dous días despois, con 1-1 no marcador e 9 minutos por diante. Nada máis comezar, Alfredo marcou o gol que daba a vitoria ao Dépor. O equipo deportivista tamén voltou a loitar pola Liga até case o último suspiro. Unha derrota no Bernabéu por 2-1, nun partido da 36ª xornada con aroma a final, deixou a coroa en Madrid. O Deportivo repetía subcampeonato, o terceiro da súa historia. Na Copa da Uefa, o teito estivo de novo nos oitavos de final, onde outro equipo xermano, o Borussia Dortmund, se cruzou no camiño dos coruñeses, que previamente deran boa conta do Rosenborg noruegués e do Tirol Innsbruck austríaco.
Liga (Primeira División) 2º con 51 puntos (20 v, 11 e, 7 d, 68 gf, 32 gc)
Copa do Rei Campión (elimina a Lleida, Athletic de Bilbao, Sporting de Gijón e Valencia)
Copa da Uefa Oitavos de final (elimina a Rosenborg e Tirol Innsbruck; eliminado polo Borussia Dortmund)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Arsenio Iglesias (adestrador), Carlos Ballesta (segundo adestrador), José Ángel Franganillo e Tito Ramallo (preparadores físicos), César Cobián (médico), Antonio Vázquez (masaxista), Juan Hermida (ATS), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Liaño, Canales e Elduayen.
DEFENSAS: López Rekarte, Nando, Voro, Ribera, Djukic, Villarroya e Paco.
CENTROCAMPISTAS: Donato, Fran, Aldana, José Ramón, Alfredo e Mauro Silva.
DIANTEIROS: Bebeto, Manjarín, Claudio, Julio Salinas e Kostadinov (baixa en inverno).