Cadros Históricos
















































































Temporada 1970-1971

A soada temporada do gol de Beci é tamén a do debut de Arsenio Iglesias no banco do primeiro equipo e igualmente a dunha das máis trepidantes aventuras copeiras na historia do Club. Na liga, o Dépor recupera á primeira a categoría perdida ao final do exercicio anterior, despois dun percorrido cheo de altibaixos. A pesar de que a ampliación da Primeira División concede o ascenso aos catro primeiros clasificados, o equipo coruñés pasa case toda a segunda volta por baixo desas posicións. Cun intachable rendemento en Riazor (17 vitorias e 2 empates, sen derrotas) contrasta unha nefasta posta en escena a domicilio, onde o conxunto branquiazul só é capaz de gañar 1 partido, ao que suma 7 igualadas. Malia todo, o Deportivo chega á última xornada coa opción de ascender. Se vence ao Raio, ao que lle basta non perder para subir, ascende. E lógrao cun temperán tanto de Beci. Na Copa, os deportivistas eliminan sucesivamente a Salamanca, Real Madrid (cun 1-1 no Bernabéu e un 0-0 en Riazor) e Celta (0-0 na Coruña e 0-2 en Balaídos). En cuartos de final, a resaca do ascenso condenou o equipo ante o Barça (4-0 no Camp Nou e 0-0 en Riazor).
Liga (Segunda División) 3º con 45 puntos (18 v, 9 e, 11 d, 44 gf, 32 gc)
Copa do Xeneralísimo Cuartos de final (elimina a Salamanca, Real Madrid e Celta, eliminado polo Barcelona)
RCD / Presidente
Antonio José González FernándezRCD / Corpo Técnico
Roque Olsen (adestrador) Ata decembro
Arsenio Iglesias (adestrador), Ricardo Badás (segundo adestrador), Rafael Hervada (médico), Vicente Cucarella (masaxista) e Antonio Carrera (utilero)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Aguilar, Joanet e Seoane.
DEFENSAS: Belló, Luis, Cholo, Domínguez, Juncal, Collazo II e Gaona.
CENTROCAMPISTAS: Cervera, Manolete, Bordoy, Sertucha e Juanito.
DIANTEIROS: Loureda, Cortés, Rubiñán, Beci, Chapela II, Tejedor, Pepe Vales, José Luis, Landa, Martínez e Morilla.