Cadros Históricos
















































































Temporada 1969-1970

O Deportivo aguantaba en Primeira dúas temporadas consecutivas por primeira vez desde o descenso de 1957. Pero a cifra quedaba en dúas, porque os branquiazuis volvían dar cos seus ósos en Segunda á conclusión dunha temporada repleta de altibaixos e na que, a pesar de todo, brillou no aspecto defensivo. Os pupilos de Cheché Martín soamente encaixaron 32 goles en 30 partidos. Na segunda volta, o equipo abandonou a zona vermella mercé a unha xeira de catro xornadas sen coñecer a derrota, pero volveu caer ao pozo tras perder na 26ª xornada ante o Atlético en Riazor. Unha vitoria en Mestalla (0-1) reviviu ao equipo, que malia todo continuaba en posicións de descenso. De nada valeron as vitorias nas dúas últimas xornadas, en Mallorca (0-1) e en casa ante o Granada (3-0). O Dépor esperaba o tropezo do Elche (cun só punto máis) ante o Barça pero os franjiverdes bateron aos azulgrana. O empate final a 25 puntos co Sabadell deixaba en Primeira aos vallesanos polo golaveraje.
Liga (Primeira División) 14º con 25 puntos (8 v, 9 e, 13 d, 25 gf, 32 gc)
Copa do Xeneralísimo Dezaseisavos de final (eliminado polo Betis)
RCD / Presidente
Antonio José González FernándezRCD / Corpo Técnico
José María "Cheché" Martín (adestrador), Arsenio Iglesias (segundo adestrador), Rafael Hervada (médico), Vicente Cucarella (masaxista) e Antonio Carrera (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Joanet e Giráldez.
DEFENSAS: Cholo, Belló, Luis, Miguel Galán e Sancho.
CENTROCAMPISTAS: Domínguez, Manolete, Cervera, Loureda, Sertucha, Bordoy e Juanito.
DIANTEIROS: Beci, Cortés, Martínez, José Luis, Chapela II e Morilla (baixa en marzo).