Cadros Históricos
















































































Temporada 1967-1968

O Deportivo logrou un novo ascenso a Primeira División á conclusión dunha campaña na que se mostrou como un conxunto moi sólido, tanto en Riazor como lonxe da súa cancha. Sumou case tantos puntos a domicilio (20) como ante a súa afección (23). A principal mostra da súa solidez queda patente co baixo número de derrotas (5). O Dépor só perdeu en Riazor ante Racing de Ferrol (1-3) e Rayo Vallecano (0-1) e fóra contra Sporting de Gijón (1-0), Europa (1-0) e Celta (3-2). Tras caer ata a 7ª praza na súa única crise do curso (3 derrotas entre a 7ª e a 11ª xornada), os pupilos de Pedro Eguiluz pisaron o acelerador a fondo para lograr 16 dos seguintes 18 puntos en xogo (7 vitorias e 2 empates en 9 partidos, entre a 12ª e a 20ª xornada). No penúltimo encontro, no Carlos Tartiere, un solitario gol de Morilla valeu os dous puntos que daban o ascenso matematicamente a un conxunto coruñés no que os goles estiveron moi repartidos. Beci anotou 11, por 9 de José Luis, 7 de Chapela II, 6 de Sertucha e 5 de Loureda e Morilla.
Liga (Segunda División Grupo Norte) 1º con 43 puntos (18 v, 7 e, 5 d, 53 gf, 29 gc)
Copa do Xeneralísimo Rolda previa (eliminado polo Hércules)
RCD / Presidente
Antonio José González FernándezRCD / Corpo Técnico
Pedro Eguiluz (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Joanet, Giráldez e Mato Pet.
DEFENSAS: Aurre, Domínguez, Sertucha, Campanal II, Cholo, Gatell, Martínez, José Luis II e Isidro.
CENTROCAMPISTAS: Manolete, Loureda, José Luis, Goñi e Gullón (baixa en outubro).
DIANTEIROS: Beci, Morilla, Ribada, Chapela II, Chapela I, Lamelo, Suco e López.