Cadros Históricos
















































































Temporada 1952-1953

Unha regular primeira volta, que o Deportivo acabou na 10ª praza con 8 puntos sobre a zona de descenso e 3 sobre a de promoción, deu paso a unha segunda metade de temporada infernal. Quizá fose unha das peores segundas voltas da historia branquiazul. Os deportivistas só foron capaces de gañar 3 partidos e de sumar 9 puntos. Entre medias, unha xeira de 5 derrotas consecutivas, xusto co cambio de Fariña por Casal na batuta do equipo, meteu ao Dépor en moitos problemas. Na penúltima xornada, Riazor acollía un partido a vida ou morte ante o Málaga. A derrota era practicamente sinónimo de descenso, pero un solitario tanto de Moll evitou o drama. Con todo, non puido impedir a liguiña de promoción. Un mal inicio (derrota en Tetuán e empate en Riazor ante o España Industrial) supuxo a destitución de Fariña e a fichaxe de Helenio Herrera. O 'mago' dos bancos cambiou a cara do conxunto coruñés, que gañou 5 dos 8 partidos restantes, incluído o da recordadísima última xornada en Balaídos. Grazas a aquela vitoria por 1-3 en Vigo, o Dépor mantivo a súa praza na máxima categoría.
Liga (Primera División) 14º con 24 puntos (9 v, 6 e, 15 d, 49 gf, 78 gc); 1º na liguiña de promoción ante España Industrial, Celta, Atlético Tetuán, Avilés e Hércules.
RCD / Presidente
Manuel Otero Peón (11/1952) Rafael Salgado TorresRCD / Corpo Técnico
Manuel Casal (adestrador) Ata febreiro
Fernando Fariña (adestrador) Ata maio
Helenio Herrera (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Acuña, Otero e Lestón.
DEFENSAS: Ponte, García, Ríos, Rodolfo, Clemente (fichado en decembro), González, Pavón, Zubieta (fichado en marzo) e Goberna.
CENTROCAMPISTAS: Lechuga, Cuenca, Munuaga (fichado en decembro), Tito Blanco e Carlitos.
DIANTEIROS: Moll, Tino, Oswaldo, Arias, Corcuera, Royo, Arsenio, Insa (fichado en abril), Chas e Marquínez.