Cadros Históricos
















































































Temporada 1951-1952

Unha campaña plácida que se complicou excesivamente no tramo final. A temporada despois da Orquestra Canaro (xa sen Rafael Franco, fichado polo Valladolid, e Tino, traspasado ao Zaragoza) comezou por bo camiño. O Deportivo moveuse constantentemente entre a 8ª e a 11ª praza, con certa distancia sobre a zona de perigo. As complicacións chegaron ao final, coa derrota en San Mamés (4-1), o empate in extremis en casa ante o Real Madrid (1-1, con gol de Muñiz no tempo engadido), e as derrotas no Metropolitano (3-1) e, sobre todo, en Balaídos (6-1). A goleada de Vigo metía ao Deportivo por primeira vez na zona de promoción, cando só quedaba a última xornada. Na mesma, o equipo estivo condenado durante moitos minutos. O Valencia chegou a gañar por 0-1 e 1-2 en Riazor, pero dous tantos doutro 'Canaro', Corcuera, deron a volta ao marcador. O Dépor sumou os dous puntos e con iso provocou un cuádruplo empate a 25 puntos do que saíron favorecidos os coruñeses e o Zaragoza, salvados, e prexudicados o Racing de Santander e o Sporting de Xixón, que deberon disputar a liguiña pola permanencia.
Liga (Primeira División) 11º con 25 puntos (10 v, 5 e, 15 d, 46 gf, 70 gc)
Copa do Xeneralísimo Oitavos de final (eliminado polo Valladolid)
RCD / Presidente
Enrique Gómez Jiménez (01/1952) Manuel Otero PeónRCD / Corpo Técnico
Eduardo González 'Chacho' (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Acuña, Pita, Lestón e Otero.
DEFENSAS: Millán, Ponte, Goberna, Manolo, García e Tomé.
CENTROCAMPISTAS: Maristany, Cuenca, Carlitos, Lechuga e Tito Blanco (fichado en marzo).
DIANTEIROS: Arsenio, Oswaldo, Moll, Corcuera, Muñiz, Barreda, Marquínez, Vélez, Royo e José Luis.