Cadros Históricos
















































































Temporada 2011-2012

O regreso á categoría de prata despois de dúas décadas consecutivas na elite deixou unha campaña que entrou de cheo nos libros de historia. O Deportivo, dirixido por un experto en lograr ascensos como José Luis Oltra e en cuxas filas quedaron varios alicerces co firme compromiso de devolver ao equipo ao lugar que merecía, tardou en carburar, mais cando o fixo comezou a bater un rexistro tras outro. Estableceu o seu récord histórico de vitorias consecutivas (7), serie durante a cal se situou nun liderado que mantivo con firmeza até a conclusión da liga. Na penúltima xornada, Riazor viviu a súa grande festa, selando o ascenso cunha vitoria ante o Huesca (2-1) con remontada incluída, mercé aos goles de Riki e Xisco. Aquel Dépor bateu todas as plusmarcas da historia da Segunda División: 29 vitorias e 91 puntos.
Liga (Segunda División) 1º con 91 puntos (29 v, 4 e, 9 d, 76 gf, 45 gc)
Copa do Rei Dezaseisavos de final (elimina a Girona e Alcoyano, eliminado polo Levante)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
José Luis Oltra (adestrador), Manuel Pombo (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), José Sambade (adestrador de porteiros), Ramón Barral e Carlos Lariño (médicos), Adolfo Mateo e Adán Carbó (fisioterapeutas), Pablo López (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Aranzubia, 13 Lux e 26 Marc Martínez.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Morel, 5 Zé Castro, 6 Aythami, 15 Laure, 17 Ayoze, 19 Colotto, 27 Rochela e 33 Seoane.
CENTROCAMPISTAS: 7 Saúl, 12 Borja, 14 Pablo Álvarez, 16 Bruno Gama, 18 Guardado, 20 Jesús Vázquez, 21 Valerón, 24 Álex Bergantiños, 28 Juan Domínguez e 29 Juan Carlos.
DIANTEIROS: 8 Lassad, 9 Xisco, 11 Riki, 22 Salomão e 23 Bodipo.