Cadros Históricos
















































































Temporada 1948-1949

Unha nefasta primeira volta tivo contra as cordas ao Deportivo, que ocupaba posicións de descenso no ecuador do campionato, a pesar de pechar os encontros de ida cunha gran vitoria ante o Nàstic de Tarragona en Riazor (6-2). Só 9 puntos sumou o equipo herculino nese primeiro tramo de campaña, mercé a 4 triunfos, 1 empate e 8 derrotas. A segunda volta arrincou con sorrisos. O Dépor arroiou ao Alcoyano (6-1), sacou un punto nun partido tolo en Sabadell (4-4) e rabuñou outro empate en Riazor fronte ao futuro campión, o Barça (2-2). Ese arranque sacou da 'zona vermella' ao equipo, que comezou a alternar unha longa serie de derrotas a domicilio e vitorias en casa. Estes resultados non concederon un mínimo respiro, pois o equipo non chegou a afastarse máis que a 2 puntos do pozo en toda a segunda volta. Un gol do céltico Juanín ao bordo do final na penúltima xornada (3-3) deixaba aos branquiazuis empatados a puntos co penúltimo (primeiro posto de descenso), o Alcoyano, con só 90 minutos de campionato por diante. En Tarragona, unha fabulosa primeira metade (0-3 á media hora, 1-4 definitivo), unida ao empate dos alacantinos ante o Real Madrid (2-2), daban a permanencia ao Deportivo.
Liga (Primeira División) 10º con 22 puntos (9 v, 4 e, 13 d, 56 gf, 60 gc)
Copa do Xeneralísimo Oitavos de final (elimina a Racing de Ferrol e Sporting de Gijón, eliminado polo Valencia)
RCD / Presidente
Daniel Chaver GómezRCD / Corpo Técnico
Gabriel Andonegui (adestrador) Ata decembro
Pepe Torres y 'Cuqui' Bienzobas (adestradores)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Acuña e Lestón.
DEFENSAS: García, Ponte, Pedrito e Fontela.
CENTROCAMPISTAS: Carlitos, Cheché Martín e Dieste.
DIANTEIROS: Marquínez, Guimeráns, Juanete, Rafael Franco, Chao, Ponce, Otero e Paseiro.