Cadros Históricos
















































































Temporada 2015-2016

O Deportivo logrou a permanencia por segunda temporada consecutiva despois dunha sensacional primeira volta. O conxunto branquiazul alcanzou a 19ª xornada na novena praza, con 12 puntos de vantaxe sobre os postos de descenso. Unha serie de trece xornadas sen coñecer a vitoria endureceu un pouco o camiño cara á salvación, mais esta logrouse con dúas xornadas de antelación, após gañar no Madrigal (0-2). Lucas Pérez asinou unha tempada sensacional, anotando 17 goles, a cifra máis alta para un xogador deportivista en Liga desde os 29 que lle deran a Bota de Ouro a Roy Makaay en 2003. Con 18 empates a final de temporada, o Deportivo bateu o récord histórico da Liga.
Liga (Primeira División) 15º con 42 puntos (8 v, 18 e, 12 d, 45 gf, 61 gc)
Copa do Rei Oitavos de final (elimina ao Llagostera, eliminado polo Mirandés)
RCD / Presidente
Constantino Fernández PicoRCD / Corpo Técnico
Víctor Sánchez del Amo (adestrador), David Dóniga (segundo adestrador), Nacho Oria e José Ángel Franganillo (preparadores físicos), Manu Sotelo (adestrador de porteiros), Carlos Morales (analista), Ramón Barral e Carlos Lariño (médicos), Adán Carbó e Adolfo Mateo (fisioterapeutas), Pablo López (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Lux, 13 Fabricio (de baixa toda a temporada), 13 Pletikosa e 25 Manu.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Fernando Navarro, 11 Juanfran, 12 Sidnei, 14 Arribas, 15 Laure, 16 Luisinho, 18 Saúl (baixa en inverno), 23 Lopo e 27 Róber.
CENTROCAMPISTAS: 4 Álex Bergantiños, 5 Pedro Mosquera, 6 Cani, 8 Medunjanin (baixa en inverno), 10 Juan Domínguez, 17 Fede Cartabia, 19 Fayçal Fajr, 22 Borges, 24 Jonás Gutiérrez e 30 Cardoso (baixa en inverno).
DIANTEIROS: 7 Lucas Pérez, 9 Oriol Riera, 20 Jonathan Rodríguez, 21 Luis Alberto e 28 Óscar Pinchi.