Cadros Históricos
















































































Temporada 2009-10

O Dépor celebrou a súa 40ª campaña en Primeira División cunha primeira volta "de Champions". A pesar de non poder contar con Ángel Lafita nas primeiras semanas de campionato e acabar perdendo a súa ficha tras unha dura batalla legal co Zaragoza, o equipo de Miguel Ángel Lotina non se resentiu. En Riazor caeron Villarreal, Sevilla e Atlético de Madrid, ante un equipo que na 17ª xornada ocupaba posicións de Liga de Campións. A segunda volta foi moi diferente. Os branquiazuis perderon 12 partidos. Unicamente sumaron tres vitorias (ante Xerez, Tenerife e Mallorca, os tres na Coruña) e 13 puntos, polos 34 da primeira metade de campionato. Cun total de 47, os deportivistas acabaron en metade da táboa, a 9 puntos das prazas europeas e 11 por encima do descenso.
Liga (Primeira División) 10º con 47 puntos (13 v, 8 e, 17 d, 35 gf, 49 gc)
Copa do Rei Cuartos de final (elimina a Murcia e Valencia, eliminado polo Sevilla)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Miguel Ángel Lotina (adestrador), José Luis Ribera (segundo adestrador), Eduardo Domínguez e José Ángel Franganillo (preparadores físicos), José Sambade (adestrador de porteiros), Ramón Barral e Carlos Lariño (médicos), Pablo López (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Aranzubia, 13 Manu e 26 Marcos Valín.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Filipe Luís, 4 Piscu, 5 Zé Castro, 7 Lopo, 12 Brayan Angulo, 15 Laure, 19 Colotto, 27 Rochela, 32 Raúl García e 33 Seoane.
CENTROCAMPISTAS: 6 Juca, 8 Sergio, 14 Pablo Álvarez, 16 Antonio Tomás, 17 Lafita (baixa en setembro), 18 Guardado, 21 Valerón, 22 Juan Rodríguez, 23 Iván Pérez, 28 Juan Domínguez e 31 Dani Rodríguez.
DIANTEIROS: 10 Adrián, 11 Riki, 20 Lassad, 23 Bodipo, 24 Mista e 29 Añón.