Cadros Históricos
















































































Temporada 2007-2008

Miguel Ángel Lotina converteuse no novo adestrador deportivista tras dúas temporadas con Joaquín Caparrós á fronte do equipo. Un 0-3 ante o Almería en Riazor supuxo o inicio duns meses realmente duros para o técnico, para o equipo e para a afección. Unha derrota en casa ante Osasuna metía o equipo en postos de descenso, nunha 14ª xornada á que chegaba con só 13 puntos. Despois de tres derrotas consecutivas ante Atlético, Villarreal e Almería, o deportivismo conxurouse para dar a volta á situación nun partido dramático ante o Valladolid en Riazor. A vitoria por 3-1 foi a primeira das 11 logradas nas seguintes 16 xornadas. O equipo apoiouse nunha defensa de cinco homes e no reforzo invernal para o ataque do sueco Christian Willhelmsson para lograr a permanencia matemática a tres xornadas do final. A pesar de chegar a alcanzar a 7ª praza na 34ª xornada, o Dépor acabou a Liga na 9ª posición.
Liga (Primeira División) 9º con 52 puntos (15 v, 7 e, 16 d, 46 gf, 47 gc)
Copa do Rei Dezaseisavos de final (eliminado polo Espanyol)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Miguel Ángel Lotina (adestrador), José Luis Ribera (segundo adestrador), Eduardo Domínguez e José Ángel Franganillo (preparadores físicos), José Sambade (adestrador de porteiros), Ramón Barral e Carlos Lariño (médicos), Carlos Lalín (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Aouate, 13 Munúa, 30 Fabri e 33 Manu.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Filipe Luís, 4 Lopo, 5 Coloccini, 7 Piscu, 16 Rodri (baixa en setembro), 19 Barragán, 24 Pablo Amo, 25 Aythami (baixa en inverno), 28 Piscu, 29 Chapi e 32 Laure.
CENTROCAMPISTAS: 6 De Guzmán, 8 Sergio, 10 Verdú, 14 Pablo Álvarez (baixa en inverno), 14 Wilhelmsson (fichado en inverno), 16 Antonio Tomás, 17 Lafita, 18 Guardado, 20 Cristian, 21 Valerón e 22 Juan Rodríguez.
DIANTEIROS: 9 Taborda, 11 Riki, 12 Adrián, 15 Rubén Castro e 23 Xisco.