Cadros Históricos
















































































Temporada 2005-2006

Joaquín Caparrós substituiu a Javier Irureta no banco branquiazul despois de sete campañas co vasco á fronte. A andaina do utrerano comezou co reto de devolver o equipo a Europa a través da Copa Intertoto. Unha arbitraxe moi desfavorable no partido de volta da final, en Marsella ante o Olympique, tombou os deportivistas. Na Liga, o Dépor moveuse sempre na zona media-alta da clasificación, chegando ao ecuador do campionato a un só punto da zona de Liga de Campións. Unha irregular segunda volta, fechada cun só triunfo nas últimas sete xornadas, deixou o equipo fóra de Europa, na 8ª praza, a só dous puntos do Villarreal, clasificado para a Copa Intertoto. A vía europea a través da Copa do Rei tamén se fechou con anterioridade. O Dépor quedou na cuneta en semifinais. O Espanyol impúxose 2-1 na ida en Montjuich. Na volta, os branquiazuis foron incapaces de ver porta.
Liga (Primeira División) 8º con 55 puntos (15 v, 10 e, 13 d, 47 gf, 45 gc)
Copa do Rei Semifinalista (elimina a Osasuna e Valencia, eliminado polo Espanyol)
Copa Intertoto Finalista (elimina a Buducnost Podgorica, Slaven Belupo Koprivnica e Newcastle United, eliminado polo Olympique de Marsella)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Joaquín Caparrós (adestrador), Luciano Martín Toscano "Luci" (segundo adestrador), Javier Reyes e José Ángel Franganillo (preparadores físicos), José Sambade (adestrador de porteiros), César Cobián e Ramón Barral (médicos), Carlos Lalín (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Molina, 13 Munúa e 25 Dani Mallo.
DEFENSAS: 2 Manuel Pablo, 3 Romero, 5 César, 14 Jorge Andrade, 15 Capdevila, 22 Juanma, 23 Coloccini, 24 Héctor e 42 Chapi.
CENTROCAMPISTAS: 4 Duscher, 6 De Guzmán, 8 Sergio, 12 Scaloni (baixa en inverno), 12 Gallardo (fichado en inverno), 16 Acuña, 18 Víctor, 19 Jesús Muñoz, 20 Momo, 21 Valerón, 35 Iván Carril e 41 Iago.
DIANTEIROS: 7 Taborda, 9 Tristán, 10 Arizmendi, 11 Munitis, 17 Rubén Castro, 36 Xisco, 40 Senel e 00 Luque (baixa en agosto).