Cadros Históricos
















































































Temporada 1940-1941

Fíxose esperar case ata o último minuto do último partido posible, pero chegou. O ansiado ascenso a Primeira División fíxose realidade na décima temporada da historia da liga, ao cabo dunha longa e tensa campaña. Para empezar, o Deportivo participaba no Grupo 1 dunha Segunda División partida en dúas. Había que acabar entre os dous primeiros para aspirar a dar o salto. Os branquiazuis funcionaron como un reloxo en casa (10 triunfos, 1 empate, 51 goles a favor e só 8 en contra en 11 partidos) e cumpriron fenomenalmente lonxe do Parque de Riazor, con 4 vitorias e 4 empates. Na penúltima xornada, un triunfo ante o Racing de Ferrol (2-0) facía aos herculinos inalcanzables para o terceiro, o Sporting de Gijón. A 2ª praza daba acceso a unha liguiña a dobre volta cos dous primeiros do outro grupo, Granada e Castellón. Na penúltima xornada da mesma cortáronse practicamente de raíz as aspiracións de ascenso, ao impoñerse a Real Sociedad na Coruña (3-4). Os donostiarras adiantaban aos coruñeses polo golaveraje, que lles deu a dianteira tras o empate final a todo (6 puntos, 15 goles a favor e 11 en contra). O Dépor debía xogarse todo a unha carta, o 4 de maio de 1941 en Vallecas, fronte ao Murcia, pechacancelas de Primeira. Tito adiantou aos pimentoneiros, Chacho forzou a prórroga e, no tempo suplementario, un tanto de Guimeráns cumpriu o soño de varias xeracións.
Liga (Segunda División Grupo 1) 2º con 32 puntos (14 v, 5 e, 3 d, 75 gf, 26 gc); 3º na fase de ascenso con 6 puntos (3 v, 0 e, 3 d, 15 gf, 11 gc); Promoción gañada ao Murcia (2-1)
Copa do Xeneralísimo 3ª rolda (eliminado polo Celta)
RCD / Presidente
José María Salvador y MerinoRCD / Corpo Técnico
Juan Marrero 'Hilario' (adestrador-xogador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Acuña e Omist.
DEFENSAS: Montserrat, Novo, Pedrito e Ra.
CENTROCAMPISTAS: Molaza, Reboredo, Quintas, Muntané, Cela, Neira, Cholas (baixa en febreiro) e Rodríguez.
DIANTEIROS: Chao, Breijo, Elícegui, Chacho, Guimeráns, Hilario, Mayoral, Pascual e Pintos.