Cadros Históricos
















































































Temporada 2016-2017

O Deportivo logrou manter a súa praza na elite ao cabo dunha temporada angustiosa, na que a salvación estivo máis barata que nunca, pois bastarían 32 puntos. Os branquiazuis comezaron ben, gañando ao Eibar en casa na despedida de Lucas (traspasado o 30 de agosto ao Arsenal inglés a cambio de 20 millóns de euros) e empatando no Villamarín. Pronto se sucederon os reveses e o equipo caeu en zona perigosa. Con todo, os branquiazuis nunca chegaron a ocupar posicións de descenso. Unha vez superado o ecuador do campionato, xa con Pepe Mel no banco en lugar de Gaizka Garitano (destituído tras caer 4-0 ante o debutante Leganés), o momento máis crítico (cando o antepenúltimo, o Granada, situouse a dous puntos, tras a 25ª xornada) superouse con dúas vitorias consecutivas: a primeira en campo dun rival directo, o Sporting (0-1) e a seguinte dando boa conta en Riazor do todopoderoso Barça (2-1), ás que se uniu o empate en casa ante o Betis en partido aprazado semanas atrás. A pesar de adquirir 8 puntos sobre a zona vermella con 11 xornadas por diante, a permanencia matemática demoraríase en exceso. Unha vez máis, produciuse na penúltima xornada, e de novo no Madrigal, esta vez tras un empate sen goles. Florin Andone, con 12 tantos, converteuse no máximo anotador na súa primeira campaña no Dépor en Primeira desde que Tristán fixese 19 na 2000-2001.
Liga (Primeira División) 16º con 36 puntos (8 v, 12 e, 18 d, 43 gf, 61 gc)
Copa do Rei Oitavos de final (elimina ao Betis, eliminado polo Alavés)
RCD / Presidente
Constantino Fernández PicoRCD / Corpo Técnico
Gaizka Garitano (adestrador), Patxi Ferreira (segundo adestrador) e José Luis Ribera (analista) Ata febreiro
Pepe Mel (adestrador), Roberto Ríos (segundo adestrador), Julio Hernando, David Gómez e José Ángel Franganillo (preparadores físicos), Manu Sotelo (adestrador de porteiros), José Gordillo (analista), Ramón Barral e Carlos Lariño (médicos), Adán Carbó e Adolfo Mateo (fisioterapeutas), Fran Molano (readaptador físico), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez e Javi Rego (utileros).
RCD / Cadro
PORTEIROS: 1 Lux, 13 Tytoń, 25 Rubén (baixa en invierno) y 25 Roef (fichado en inverno).
DEFENSAS: 2 Juanfran, 3 Fernando Navarro, 6 Albentosa, 12 Sidnei, 14 Arribas, 15 Laure, 16 Luisinho y 26 Nacho Monsalve.
CENTROCAMPISTAS: 4 Álex Bergantiños, 5 Pedro Mosquera, 8 Emre Çolak, 11 Carles Gil, 19 Fayçal Fajr, 20 Guilherme, 21 Bruno Gama, 22 Borges y 30 Edu Expósito.
DIANTEIROS: 7 Lucas Pérez (baixa en agosto), 7 Joselu (fichado en setembro), 9 Marlos Moreno, 10 Andone, 17 Borja Valle (baixa en invierno), 23 Babel (baixa en inverno), 23 Kakuta (fichado en inverno), 24 Ola John y 28 Óscar Pinchi.