Cadros Históricos
















































































Temporada 1965-1966

O Deportivo, que acariñou a media inglesa, logrou un novo ascenso á máxima categoría. Os branquiazuis só deixaron escapar 2 dos 30 puntos en xogo na casa (0-0 ante o Oviedo e 0-0 ante o Celta). Riazor foi un auténtico fortín, onde o equipo deportivista unicamente encaixou 3 goles en 15 partidos. Fóra de casa, o conxunto coruñés sumou 15 puntos en 15 partidos, mercé a 5 vitorias e 5 empates. Despois de sumar 5 vitorias nas 6 primeiras xornadas, o Dépor empolicouse a un liderado que xa non soltou a pesar da firme oposición do Celta de Vigo. Coa Segunda División divida en dous grupos por aquel entón, o primeiro clasificado obtiña o ascenso directo e o segundo debía disputar a promoción. Os célticos achegáronse nas primeiras xornadas da segunda volta, nas que se mantiveron a 1 ou 2 puntos de distancia. A fenda abriuse a 3 puntos con 3 partidos por xogar, tras un empate do Celta en campo do Condal. O ascenso materializouse en Barcelona, no penúltimo encontro. O Dépor empatou no Camp Nou ante o Condal (2-2) pero o Celta perdeu na Rúa Cerdeña ante o Europa (2-0), levando a distancia a 4 puntos con só 2 por xogar.
Liga (Segunda División Grupo Norte) 1º con 43 puntos (18 v, 7 e, 5 d, 53 gf, 19 gc)
Copa do Xeneralísimo Oitavos de final (elimina a Melilla e Pontevedra, eliminado polo Elche)
RCD / Presidente
Antonio José González FernándezRCD / Corpo Técnico
Enrique Orizaola (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Joanet e Giráldez.
DEFENSAS: Domínguez, Lariño, González (fichado en outubro), Aurre e Igartua.
CENTROCAMPISTAS: Santos, Loureda, Manolete, Escolà, Gullón, Zamorita e Arcángel.
DIANTEIROS: Ribada, Chapela I, Montalvo, Lamelo e López.