Cadros Históricos
















































































Temporada 1945-1946

O regreso a Segunda División non sentou ben ao Deportivo, ao que lle custou arrancar na nova categoría tras perder a varios xogadores importantes nos anos anteriores en Primeira, como Caballero, Lezama ou Muntané. Os branquiazuis comezaron o campionato gañando en Riazor ao Racing de Santander (3-1) pero inmediatamente enlazaron tres derrotas consecutivas. O conxunto deportivista comezou a collerlle o pulso á competición cunha vitoria en Zaragoza (1-2) na 10ª xornada. No tramo central da liga, os herculinos sumaron 7 xornadas sen perder, o que os levou da 11ª á 4ª praza. Despois de dous reveses consecutivos fóra de casa, en Tarragona e Heliópolis, 5 triunfos consecutivos (1-0 á Real, 1-2 en Ceuta, 1-0 ao Córdoba, 1-2 en Granada e 5-2 ao Zaragoza) catapultaron ao Dépor aos postos de privilexio. Con só 3 partidos por diante, os branquiazuis tíñano na súa man. E non fallaron. Sacaron un punto en Mallorca (0-0) e na penúltima xornada, no Inferniño ferrolán, un solitario tanto de Fabeiro, unido á derrota do Córdoba no seu campo ante o Nàstic, tamén pola mínima, consumaron o retorno da Coruña á elite nacional.
Liga (Segunda División) 2º con 33 puntos (14 v, 5 e, 7 d, 38 gf, 28 gc)
Copa do Xeneralísimo Rolda previa (eliminado polo Espanyol)
RCD / Presidente
Virgilio Rodríguez RincónRCD / Corpo Técnico
Juan Marrero 'Hilario' (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Acuña, Simón (baixa en decembro) y Triana.
DEFENSAS: Portugués, Ponte e Pedrito.
CENTROCAMPISTAS: Molaza, Bienzobas, Reboredo, Pepiño, Carlitos e Quintas.
DIANTEIROS: Guimeráns, Chao, Marquínez, Mijares, Fabeiro, Rey, Román, Viso, Chacho, Pintor e Paquirri.