Cadros Históricos
















































































Temporada 1943-1944

Cunha soa vitoria nas 9 primeiras xornadas, o Deportivo viuse inmerso na loita por evitar o descenso desde o comezo da súa terceira campaña na máxima categoría. Os xogadores de Ramón de la Fuente só foron capaces de gañar 6 encontros naquel curso, unicamente 1 deles lonxe da Coruña (2-3 en San Sebastián). Fóra de Riazor logrou 4 empates, co que sumou apenas 6 puntos. Coa derrota sufrida en Sabadell (3-1) no último partido da primeira volta, o conxunto branquiazul entrou por primeira vez nos postos de promoción, lugar que só abandonaría pouco despois para entrar en zona de descenso, mercé a unha xeira de 6 partidos sen coñecer a vitoria. Dous sufridos triunfos en casa, ambos por 3-2, fronte a Castellón e Celta, sacaron aos coruñeses das posicións de descenso directo. Finalmente, o cadro herculino viuse abocado a disputar unha eliminatoria de promoción a cara ou cruz, a partido único, en Chamartín, fronte ao Constancia de Inca. En Madrid, os deportivistas non deron opción aos baleares, que sucumbiron por 4-0, con senllos dobretes de Paquirri e Viso.
Liga (Primeira División) 12º con 19 puntos (6 v, 7 e, 13 d, 35 gf, 64 gc); Promoción gañada ao Constancia (4-0)
Copa do Xeneralísimo Oitavos de final (elimina ao Valladolid, eliminado polo Valencia)
RCD / Presidente
Aurelio Ruenes BlancoRCD / Corpo Técnico
Ramón de la Fuente (adestrador)
RCD / Cadro
PORTEIROS: Acuña e Simón.
DEFENSAS: Pedrito, Portugués e Urbano.
CENTROCAMPISTAS: Bienzobas, Molaza, Reboredo e Muntané.
DIANTEIROS: Caballero, Guimeráns, Chao, Marquínez, Paquirri, Viso, Chacho, Quintas, Verdín, Valle e Lezama.