Cadros Históricos
















































































Temporada 1990-1991

O Deportivo regresou a Primeira despois de 18 anos, ao cabo dunha temporada na que converteu Riazor nun fortín e dun duelo a tres bandas entre coruñeses, Murcia e Albacete. Dous goles de Zoran Stojadinovic no encontro da última xornada, en Riazor fronte aos pimentoneiros, valeron o esperado ascenso. Aquel partido era unha final, pois o gañador levaría o premio gordo. O empate bastaba aos murcianos, mais as dianas do iugoslavo, ambas na segunda metade, catapultaron o Dépor tras un choque que tivo que estar detido durante case unha hora polo incendio da cuberta de Preferencia. Para alcanzar a gloria aquel 9 de xuño, os pupilos de Arsenio Iglesias fixéronse fortes en Riazor, onde gañaron 17 dos 19 partidos. Unicamente deixaron escapar un punto ante Las Palmas e os dous fronte ao Eibar. Aínda que case toda a segunda volta foi a remolque dos seus dous rivais, instalado na 3ª praza, as tres vitorias logradas nas tres últimas xornadas deron ao Dépor o salto á 2ª posición no día máis importante.
Liga (Segunda División) 2º con 48 puntos (20 v, 8 e, 10 d, 60 gf, 32 gc)
Copa do Rei Oitavos de final (elimina a Estepona, Atlético Baleares e Málaga, eliminado polo Valencia)
RCD / Presidente
Augusto César LendoiroRCD / Corpo Técnico
Arsenio Iglesias (adestrador), Carlos Ballesta (segundo adestrador), José Ángel Franganillo (preparador físico), Antonio Barbeito (médico), Antonio Vázquez (masaxista), Juan Ángel Barros Botana (delegado) e Suso Méndez (utilero).
RCD / Cadro
PORTEIROS: Yosu e Jorge.
DEFENSAS: Sabin Bilbao, Antonio, Albistegi, Martín Lasarte, Djukic (fichado en maio), Molinos e Gustavo.
CENTROCAMPISTAS: Fran, Gil, José Ramón, Kanatlarovski, Mújika, Aspiazu e Albis.
DIANTEIROS: Uralde, Villa, Stojadinovic e Manuel.